Tagged: costumbres

[AS CEN VILAFRANCAS /26] … este maio andaba de pé

HÉCTOR SILVEIRO | Despois dos soños do mes veñen as reflexiois necesarias…

Se por un casual unha mañá do 1o de maio de hai 50 anos fose Samuel (ese nino de cinco anos do que tratei na anterior entrega desta serie) un dos rapaces que no barrio do Campo da Galiña cortaran os apios dos cabalos para facer o maio, posiblemente non se chegaría a vestir ata que acadase máis idade, esa que lle permitise soportar unha cantidade de cañaveiras tal que o cubrisen por enteiro, mesmo o rostro ata facelo deste xeito completamente irrecoñecible.

[AS CEN VILAFRANCAS /24] Centos ou miles de anónimas cantadeiras homenaxeadas no Día das Letras 2025

HÉCTOR SILVEIRO |  O territorio galegofalante do noroeste peninsular foi quen de gardar un tesouro patrimonial monumental que permanecía á vista de todos a súa sorte, á intemperie dos tempos, e que, por non ser valorado convenientemente (cuantas veces actuamos como cegos por non querer ver o que temos mesmo diante dos ollos), semellaba estar, sen enterrar, soterrado, como á espera da morte, de oculto e marxinado que estaba.