Tagged: fiestas

[AS CEN VILAFRANCAS /26] … este maio andaba de pé

HÉCTOR SILVEIRO | Despois dos soños do mes veñen as reflexiois necesarias…

Se por un casual unha mañá do 1o de maio de hai 50 anos fose Samuel (ese nino de cinco anos do que tratei na anterior entrega desta serie) un dos rapaces que no barrio do Campo da Galiña cortaran os apios dos cabalos para facer o maio, posiblemente non se chegaría a vestir ata que acadase máis idade, esa que lle permitise soportar unha cantidade de cañaveiras tal que o cubrisen por enteiro, mesmo o rostro ata facelo deste xeito completamente irrecoñecible.